martes, 8 de noviembre de 2011

As escavacións arqueolóxicas, o análise da cerámica e ourivería foron algúns dos factores que fixeron posible o coñecemento da cultura castrexa.Dende os inicios da historia galega un dos trazos máis importantes sobre a reflexión do pasado do noso país foi o celtismo.No século XX os grandes historiadores románticos como Manuel Murguía e poetas como Pondal fixeron que os celtas fosen o principal mito fundador da nacionalidade galega.Murguía considera a raza celta como a principal definición da nación galega,e así o celtismo convértese na identidade nacional no rexurdimento.
A poboación dos castros parece que se formou a través de diferentes achegas raciais,nas que hai de destacar a dos celtas,que eran un pobo procedente das beiras do mar Caspio e das montañas do Caúcaso que se foron extendendo occidentalmente ata chegar a Península Ibérica en dúas grandes vagas(entre 950 e 650 a.C). Na última vaga chegaron a Galicia polo Sil,como formaban unha minoría tiveron que irse adaptando as formas de asentamento das poboacións indíxenas,polo que deducimos que os celtas non acabaron con os oestryminios senón que se fundiron con eles.
Os celtas trouxeron a tecfnoloxía do ferro que nese momento era descoñecida polas porboacións autóctonas que vivían na zona polo tanto a cultura castrexa semella unhas fusións dos trazos herdados do bronce final coas contribucións da cultura hallstática e post-hallstática.Séguese discutíndose se os asentamentos castrexos son resultado da chegada dos celtas ou foron un resultado evolutivo de elementos culturais autóctonos.  Se a escaseza de restos arqueolóxicos non permite descifrar unha relevante achega celta, os criterios lingüísticos e relixiosos serven para fundamentar un substrato celta para o mundo castrexo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario