lunes, 23 de abril de 2012

Teatro, a miña vida.


Eu son actor, peorro un deses que manifestase dentro do esceario, reivindicando todo o que creo que é inxusto nestes tempos.
O teatro libre non esta permitido, e moita xente non pode pagar ir  a ver unha  obra de teatro, por iso vamos polas ciudades e vilas. Eu non necesito fama, só ver a xente feliz, vivo diso, das sonrisas que bota a xente cando nos ve actuar, esa é a máxima felicidade para min, que non recorden os seus problemas por instantes.
Facemos obras satírico-burlescas da situación pola que esta pasando a nosa tera, e facémolo no noso idioma, mentres que facemos obras teatrais para nenos cunha serie de fábulas. Somos unha serie de profesionais que nin sequera nos recoñecen como tales porque vamos encontra das ideoloxía castelán, como se só houbese unha! Critícannos por facer algo que nos gusta e porque teñen medo das cousas diferentes. Pero nos non nos rindereos endexamáis, seguiremos facendo o que nos gusta e co que disfrutamos, recorrendo a poder ser toda a nos aterra, e ensinando tódolos puntos de vista que existen de ver o mundo, e o fermoso que é velo dende os ollos de cada un, xa que non nos decatamos de que hai moitas cousas das que nin sequera sabemos e que cando as descobremos é como se descobrésemos un mundo diferente, no que todo o que cremos e posible, porque só fai falta crer un pouca máis e poderase cumplir todo co que soñamos. Cada un ten un punto de vista diferente da vida e todos temos que respetalo, porque non sabemos ata que punto podemos sorprendernos de boa maneira, da forma de pensar dos demáis, cada vez que súbome o esceario aprendo algo novo e a sensación de vacío éncheseme por dentro, e como cando saes a correr unha hora e a volta a casa senteste como máis vivo por dentro, e esa sensación pero todavía mellor, e eu nunca vou deixar de facer o que realmente quero, porque sería ir encontra dos meus principios.
É coma se a través dos meus personaxes describese ou mellor dito, espresase todo o que levo dentro e quero sacar, e sen saber como o saco e o público aplaudeme, e como se por fin te sentises aferrado a algo, a algo polo que loitar, como se perteneceses a unha familia, a miñana familia, o teatro.

domingo, 22 de abril de 2012

Dende Cuba


Esta paisaxe é moi diferente e o clima claro esta non é o mesmo cao de Galicia, fai moita máis calor, estou en Cuba. Non nacín aquí, ata os vinte anos estiven en Galicia, pero tiven que desaparecer do mapa por así dicilo, xa que non se me permitia ser a persoa que eu son, se non que defender o que eu creía era un delito.
Non podíamos expresarnos no idioma que quixésemos, a única lingua que podíamos empregar era o castelán, todo estaba impantado polo castelán o único lugar onde podíamos falar en galego era nas nosas casas, e incluso nelas moi baixiño orque se se decataba alguén oderíalo utilizar na nosa contra. Aínda recordó o día que chegou o exército a Vigo, fixéron un rexistro na nosa casa e unha serie de preguntas debido a que encontraron a un veciño encontra do réxime e busaban máis implicados, eu era só un neno e tiña medo, admítoo, pero cando encontraronlle ao meu pai unha serie de papeis encontra do réxime cargáronsello diante dos meus ollos, e foi daquela cando aparquei o medo e comezoume a absorver a impotencia.
Ós vinte anos desaparecín da miña terra para que non me pasase o mesmo có meu pai, xa que eu tiña e mantera as mesmas posturas ca el antes o réxime. Deixei toda a miña familia alí e non volvín nunca m,áis, non porque non quixera, se nón porque necesitaba gastarme os meus cartos en cousas fundamentales e o que non necesitaba mandársello a miña familia dende o exilio, aínda que traballando dende miles de quilómetros para que Galicia melorase e tivese todos os dereitos que se merece.
Alí quedouse a choiva dos momentos pasados, a humidade, a verde identificable de Cabeza de Manzaneda, os invernos fríos, a pesca, o cheiro da marea baixa, os barcos, os castaños e os reobles, os bailes, a gaita e a pandeireta, a ropa dos domingos, o polbo… Levo sesenta anos lonxe da miña terra, o único que observo parecido é o mar pola fiestra, a auga que mezclada coa de Cuba tamén é auga galega, porque o mar non entende de cores e non existen diferenzas como nos países, hoxe despois de sesenta anos retorno a miña terra, volvo ó pasado, volven os recordos.

Cartas a Murguía.


E estou aquí mirando cara o lume como vanse as cartas da miña amada, da única muller que amei de verdade en toda a miña vida, non só estou a quemar ás cartas que ela me mandou durante toda a nosa vida, se non que no lume vanse recordos, momentos vividos, tanto de tristeza como de alegría. Con esas cartas vaise o seu olor e todas esas sorrisos que vin na súa cara dende a conocín e que estes últimos anos foron desaparecendo, foron desaparecendo non sós, senón que se foron coa súa presenza. Nesas cartas vanse todos os perdóns e todas as discusións, mentres que eu ao mesmo tempo consúmome no lume con todo iso.
Aínda recordó aquel primeiro día que a vin, dende o primer instante souben que íamos pasar a nosa vida xuntos, compartíndoa. Era de noite e eu quedara como todos os venres nun restaurante da Gran Vía, para tomar un descanso despois das clases do meu último curso, alí a vin aparecer, era como un fotograma desas películas antigas e xusto nese momento todo o noso arredor detívose, aínda recordó  vestido azul que ela levaba e que parecía a súa propia pel xa que se movía ao seu compás. Esa mesma noite a coñecín, era a muller perfecta, a muller perfecta pra min.
Os días seguintes comezamos a vernos e a coñecernos, falábamos de todo, bueno, el amáis que a min, gustáballe iso de falar e aprender cousas novas todos os días, e preguntábao todo. A min gúsabame observala, era como se a felicidade a arrodease por onde pasase. Falábame moito da súa nai,pero doque nunca me falaab era dalgún amor pasado, ela dicíame que non tiña, que nunca estivo namorada, pero polos ollos que poñía eu non me creía moito. Ao cabo duns meses comexamos a saír e finalmente contraímos matrimonio. Casamos e os primeiros meses estivemos moi felices os dous ata que un día descubrín que enganábame.
Era mércores eeu saía a traballar á universidade, ela como todos os mércores quedabase a escribir na casa, pero ese día non se quedou. Atopábame no Retiro cando a vin de espaldas camiñando con presa, seguínna ata un hostal co corazón laténdome con forza, nese momento vin saír do hostal a Aurelio Aguirre, decidín non intervir e esperar na casa a que mo contase ela.
Á hora de cear ela mantiña a  mesma tranquilidade de sempre a pesar das miñas preguntas respecto as súas actividades dese mesmo día. Entón estoupei e solteille todo o que vira pola tarde. Ela quedouse cunha cara que nunca antes vira e reprochoume as miñas infiledidades antes de casarnos e saíu correndo. Alí foi cando me escribiú a primeira carta contándome todo o que non me contara cando nos coñecimos. Aínda de acometer os dous errores polas nosas partes sabíamos de forma segura que tiñamos que estar xuntos, que éramos o amor das nosas vidas e que ese mesmo amor nos iba manter ata a nosa norte. O que non podo dicir é que nacimos para estar xuntos, xa que Rosalía naceu con todas ás preocupacións que tiña a súa nai mentras ela estaba no seu ventre, Rosalía naceu nun modo que non lle pertenecía, nun mundo que non estaba feito para ela, o único que lle aportaba era sufrimento,sufrimento do que comezou a percatarse despois da morte da súa nai a que tanto quería e dun dos nosos fillos que morreu con apenas un ano de idade, este mundo non era o de Rosalía, non eran bos anos para os artistas, e ela era unha, unha moi especial.