martes, 20 de marzo de 2012

licia na Galicia das maravillas.

Hoxe fai un día espléndido, a miña irmá estame a contar outro conto dos seus, sen ninguna ilustración nin sequera,miro a Diana que parece estar aburida coma min…Cando a miña irmá remata, eu salgo a dar unha volta polo noso fermoso xardín, e pensando nos tempos que están a acontecer en Galicia e a nosa situación de represión tanto socialmente como culturalmente,eño unas ansias de liberdade que se me escapan polas orellas..de súpeto vexo o que é un coello branco que comeza a saltar e a falar consigo mesmo dicindo: chego tarde! Chego tarde! Chego tarde!.
Decido seguilo ata o que parece ser unha madriguera, e sen dubidalo un segundo adéntrome nese mundo..camiño agochada durante un tempo ata que comezo a caer…a medida que pasa o tempo vou dándome cinta de que non toco fondo, a miña caída vai ser dolorosa, xa que debo de estar a moita altura,polo tenpo que levo contado facendo as matematicas que me ensinaron debo de estar a mas de 1000metros de altura… e sego,e sego, e sego baixando… de súpeto me caigo contra o chan e non me fago ningún dano, cousa que me estrana debido a longa caída..
Vexo o coello branco correr cara unha habitación e sen máis desaparece e non consigo encontrar ninguna das portas que rodean a habitación,entón intento abrir todas as portas con unha chave ata que consejo encaixala nunha porta tan pequena que so poderia pasar un coello.. Comezo a pensar e vexo enriba da mesa unha botella na que pon: bébeme, sen pensármelo dúas veces comezo a beber (son máis de actuar e logo pensar), comezo a facerme pequeniña ata o punto de que entro pola buraco da porta pequeña.
Por fin son libre, atópome nun mundo igual que a miña Galicia só que ten algo diferente que non ten onde eu vivo.. mmmm… algunas cosas non cambian como que a xente fala múltiples idiomas entre eles: galego,inglés,alemán..incluso algúns non os coñezo!! Os animais falan e fan as mesmas tarefas que os homes, as casas son algo diferentes parece que se comunican a xente mentalmente con elas e fan todo o que lles piden. Me acerco un momento ao coello branco que atópase alí cerca e pregúntolle que ano é, el me di que estamos no ano 2050, non dou crédito ao que escoito,teño que encontrar alguna maneira de volver a casa, preguntolle ao coello se sabe de alguén que me ppoida axudar, e dinme que só podo acudir a ver a Meiga de Galicia o mundo das maravillas, e sen máis precavilación vou pol camino que me indica.
Despois de varias horas camiñando encóntrome cunha especie de León e de robot e pregúntolles se vou ven polo camino de pedro para a casa da Meiga, eles dinme que si, e que teñen que ir a visitala tamén que acompañaranme no camiño ata Santiago de Compostela.
O camiño é largo,eles cóntanme que queren volver a ser persoas normales,nin un animal nin un robot. Entón contanme todo o que cambiou Galicia dende a miñaépoca, dinme que todos os idiomas son igual de importante sen ninguna diferenza, que existen curas para todo tipo de enfermidades, que hay tratamentos para que os animais podan ser persoas xa que ensinan cousas moi diferentes aos humáns que antes non coñeceran por si mesmos, que en menos dunha hora podes chegar a China nun avión… eu quedábame coa borca aberta coma se todo fose subrealista. Había moitísima xente que que peregrinaba ata Santiago en busca de axuda da Meiga, cando chegamos había unha longa cola que ocupaba en forma de varias espirais a praza do obradoiro, tivemos que quedarnos alí a dormir.
Por fin é o gran día! Os meus amigos despídense de min e deséanme moita sorte,tamén pídenme que cando volva ao “pasado” saúde as súas familias. Unha vez dentro quédome asombrada polo tamaño e maxestuosidade da catedral, ao final dun corredor de en medio vexo a unha muller duns 80 anos,ela dinme que me acerque,vou correndo hacia ela e ao mirala máis de cerca vexo que me observa cunha sonrisa na cara e dinme:
-Por que tes tanta presa?
+Teño ganas de volver a miña casa coa miña familia e coa miña gata Diana que é unha preciosidade..
- Entón para retornar a casa terás me que responder a unha pregunta: que foi o que aprendices nesta viaxe?
+ Que todo pode mellorar nun futuro,que non hay que perder a esperanza de que todo vai ser para peor, que non hai que beber de botellas que nin sequera sabes que conteñen e non meterse na madriguera dun coello…
- Non é a resposta que me esperaba,pero me fai gracia, do que non te percataste é de que segues sendo pequeña e nin sequera che preocupa,é como se xa fose unha forma de vida, pero non te preocupes devolvereiche ao teu estado normal en canto volvas ao pasado..
Non recordó que máis me dixo, sei que cheguei de volta ao meu mundo coa alegría de que todas as inxustizas que estaban a pasar en Galicia algún día cambiarían e todo sería mellor, non pasou o tempo,cheguei a mesma hora que me marchei e o mesmo día, e sen dúbida alguna cumplín todas as promesas que lles fixen no futuro ao robot e ao león..tamén aprendín que un libro sen dibuxos pode ser incluso máis interesante que un que os teña, xa que lle echas moita máis imaxinación.

lunes, 19 de marzo de 2012

Sargadelos.

Hola chámome Antonio Raimundo Ibáñez Gastón de Isaba y Llano Valdés,nacín e crieime no seo dunha familia hidalga,dende moi pequeño xa obtiña as miñas ganacias realizando exportación e importacións coas Indias. Con todo o que gañei contruín en Ribadeo una fábrica de ferro,pero agora mesmo, o meu sono he una fábrica de cerámica, é máis está case rematada. Dentro de dúas semanas cando xa esté toda a maquinaria dentro xa poderemos empezar a producir. Darei traballo a xente da zona e onde espero ser uns dos principais modelos do capitalismo español. Pero non é só este o meu desexo, decidín facer aquí a fábrica porque a miña amada vive aquí, aínda que este casada eu seguirei aquí intentándoo.
Hoxe atopeime con ela, seguía co seu rostro de sempre apagado, quero devolverle a luz a súa mirada, a luz que ela se merece.. Propúnllele traballar na miña fábrica como secretaria,levar as contas,cousas fáciles e que así gañase certo diñeiro para mantera os seus fillos pequenos. Ela aceptou encantada, nunca rendireime por facela feliz.
Neste momento vou de camino a súa casa para explicarle toda a súa tarefa una vez que esté na fábrica, non sei como lle sentará ao seu marido que eu quede con ela a solas. Unha vez dentro explícolle todo e ela agradécemo, e de súpeto bótase a chorar, eu lle pido disculpas por se fixen o dixen algo mal,pero ela dinme que non é a miña culpa, que ela leva moitos anos sendo infeliz e vivindo cun marido infel e que incluso en ocasións cando volve bebido pégalle, e ao final de toda a súa confesión di que me quere…Eu non sei como reaccionar ante esto,de súpeto dígolle que deixe ao seu marido e que se veña a miña casa, que os nenos poden vir con nosco, pero ela non cree que sexa tan fácil, di que o seu marido matarame se pasa iso en canto teña a ocasión. Unha vez rematada a conversación,un claro e incómodo silenzo envólvenos, eu decido marchar e prometo non deixar as cousas así, prométolle que escaparemos xuntos de todo isto e que non iban a quedar asi as cousas.
Xa a pasado una semana dende que Marina declaroúseme, vímonos varias veces esta semana, e eu tiven tempo para pensar en moitas ocasións a maneira perfecta de matar ao seu maridosen deixar ningún rastro nin sequera, xa que era pescador podería matalo mentres estivese facendo seu oficio,asi na auga non quedaría ningún ratro de quen o matou, e este mércores farei o meu plan realidade… Marina teme por min,pero eu por ela estaría disposto a facer calquera cousa, xa que a miña vida só ten sentido con ela, entón non perdo nada intentándoo.
Xa é mércores, e levo unha hora esperando a que apareza no seu sitio habitual de pesca, alguén se acerca, será mellor que me esconda detrás da árbore. Alí está, cos seus andares de chulo de festa, agora só teño que agardar o momento opotuno e cando teña a oportunidade de que non haxa ninguén cerca afogareino. Han pasado corenta e cinco minutos dende que chegou e agora é a miña oportunidade,agora o nunca! Adéntrome a paso rápido pero sigiloso ao río,unha vez alí e máis fácil que me escoite,cando chego por detrás del cólloo por detrás do pescozo e…Unha vez en casa de Marina cóntolle todo e sécome, ela comeza a chorar sen saber ue decir, por fin somos libres de poder estar xuntos!  
A fábrica abre hoxe as súas portas e eu estou no meu despacho coa miña fututra esposa, entra un encargado e dime que hay unha carta para min, eu léola e o único que pon é : sei que ti o mataches, sei toda a verdade… A miña cara tórnase branca coma a neve e as miñas manos comezan a temblar..