domingo, 20 de mayo de 2012

Galicia is different.


Artistas.


Son artísta e quero viaxar polo mundo.
Dende fai uns anos comezamos o século XX e fumos tomando máis información sobre o noso arredor, é dicir, sobre os países cercanos e as súas formas vanguardistas. O outro día atopeime cun alemán, era cantante, e veu co seu grupo de xira, contoume de todo sobre o resto de Europa,  sabiades que as mulleres en París agora levan pantalóns?
O día seguinte quedei con el para ensinarle os meus bocetos e dibuxos, compreume uns cantos, encantáronlle, foi a primeira persoa que fixo que creese en min. A partir de ahí foi cando máis comprometido estiven coa pintura, sempre levaba encima un folio e un lapis, para debuxar o que sexa no momento que sexa, era a única forma de plasmar o que sintía e de relaxarme, en definitiva, a única forma de escapar dos problemas. Montei un negocio no baixo da miña casa, pouco a pouco comezou a vir xente poderosa, pero sempre me acordarei daquel vello.
Aquel vello entrou cun semblante pasivo, recolleu varias veces a miña galería, non dicía nada, pero pasábase moito tempo observando cada unha das obras. Os seguintes días comezou a vir, sempre sen dicir nada, observando as obres mentras xiraba a cabeza como intenta encontrarle algún sentido. Eu mentras observábao a el, gustábame ver as súas caras,cada unha diferente e como mordíase o labio inferior e cerraba os ollos para logo abrilos con máis forzas, logo non o volvín a ver ata que pasou un mes.
Despois dese mes aparece una miña porta, e falou, dinme conta de que me falaba a min e non se parou a mirar os cadros esta vez.
Propúxome viaxar con el galerías, que el movíase nese undo, e que eu valía bastante, que era para o que había nacido. Non o pensei dúas veces, e agora mesmo estou nun tren viaxando cara Alemaña, en busca, da miña felicidade.

Comics.


Son o xefe da revista Galega Alegría, como xa sabedes últimamente dedicámoslle unha sección de comics a nosa revista, co fin de que a xente se senta identífica coa realidade que estamos a vivir as clases medias dende hay varios anos.
Onte morreu o noso máximo escritor de comics, Gurugo, o cal escribiu sobre todo contra as inxustizas por parte da igrexa.
Apareceu a policía esta mañá no meu despacho, e entón  sentín que algo malo había pasado, e xa preguntaron inmediatamente cando foi a última vez que o vin. Apareceu morto cun cigarro no solo, non hai indicios de forza polo seu corpo, pero no cigarro que estaba no chan atoparon que tiña veneno, agora só había que atrapar o culpábel. Comezaron a buscar porla redacción, pero eu sabía que o asesino non estaba onde eles crían, asi que fun a buscar máis ala…
O primeiro sitio o que fun foi a igrexa da parroquia, na cal estaba o párroco que eu sabía que tiña algo encontra de Gurugo, xa que este tíñao ameazado de norte, pero non conseguín sacarlle ningunha pista. Volvín a recoller algún comics que deixara preparados Gurugo na súa casa, pero non estaba eu só, había alguén maís na súa habitación, podía sentir a súa respiración detrás de mi, lenta, pero mesmo tempo nerviosa, como querendo que non o descubrise. Entóm, de súpeto, xireime pero levaba unha máscara, e no mesmo acto desmalleime.
Atopabame nun sótano, no que apenas había un fío de luz a través dunha ventá, e onde desperteime debido a uns ruídos. Pouco a pouco puiden afacerme a oscuridade e percateime do que estaba a acontecer no meu espazo, a persoa que me raptou estaba flaxelándose!
Veu que estaba despertó e xirpuse cunha sonrisa na cara, eu non sabía que dicir, o recoñecía perfectamente, era o sobriño de Gurugo!
Acercouse e díxose co seu soriso que me asustaba tanto: esperábascho? -Eu non sabía que contestar, e el seguiu co seu discurso- Pois fun eu, e ti vas tomar o mesmo camino co meu tío, por que o fixen? Pois esta claro, Deus é poderoso, os er máis poderoso, e eu só fago o que el me ordea, porque si podo falar con el…
Despois dun rato dicíndome todas ás razón, matoume.

lunes, 23 de abril de 2012

Teatro, a miña vida.


Eu son actor, peorro un deses que manifestase dentro do esceario, reivindicando todo o que creo que é inxusto nestes tempos.
O teatro libre non esta permitido, e moita xente non pode pagar ir  a ver unha  obra de teatro, por iso vamos polas ciudades e vilas. Eu non necesito fama, só ver a xente feliz, vivo diso, das sonrisas que bota a xente cando nos ve actuar, esa é a máxima felicidade para min, que non recorden os seus problemas por instantes.
Facemos obras satírico-burlescas da situación pola que esta pasando a nosa tera, e facémolo no noso idioma, mentres que facemos obras teatrais para nenos cunha serie de fábulas. Somos unha serie de profesionais que nin sequera nos recoñecen como tales porque vamos encontra das ideoloxía castelán, como se só houbese unha! Critícannos por facer algo que nos gusta e porque teñen medo das cousas diferentes. Pero nos non nos rindereos endexamáis, seguiremos facendo o que nos gusta e co que disfrutamos, recorrendo a poder ser toda a nos aterra, e ensinando tódolos puntos de vista que existen de ver o mundo, e o fermoso que é velo dende os ollos de cada un, xa que non nos decatamos de que hai moitas cousas das que nin sequera sabemos e que cando as descobremos é como se descobrésemos un mundo diferente, no que todo o que cremos e posible, porque só fai falta crer un pouca máis e poderase cumplir todo co que soñamos. Cada un ten un punto de vista diferente da vida e todos temos que respetalo, porque non sabemos ata que punto podemos sorprendernos de boa maneira, da forma de pensar dos demáis, cada vez que súbome o esceario aprendo algo novo e a sensación de vacío éncheseme por dentro, e como cando saes a correr unha hora e a volta a casa senteste como máis vivo por dentro, e esa sensación pero todavía mellor, e eu nunca vou deixar de facer o que realmente quero, porque sería ir encontra dos meus principios.
É coma se a través dos meus personaxes describese ou mellor dito, espresase todo o que levo dentro e quero sacar, e sen saber como o saco e o público aplaudeme, e como se por fin te sentises aferrado a algo, a algo polo que loitar, como se perteneceses a unha familia, a miñana familia, o teatro.

domingo, 22 de abril de 2012

Dende Cuba


Esta paisaxe é moi diferente e o clima claro esta non é o mesmo cao de Galicia, fai moita máis calor, estou en Cuba. Non nacín aquí, ata os vinte anos estiven en Galicia, pero tiven que desaparecer do mapa por así dicilo, xa que non se me permitia ser a persoa que eu son, se non que defender o que eu creía era un delito.
Non podíamos expresarnos no idioma que quixésemos, a única lingua que podíamos empregar era o castelán, todo estaba impantado polo castelán o único lugar onde podíamos falar en galego era nas nosas casas, e incluso nelas moi baixiño orque se se decataba alguén oderíalo utilizar na nosa contra. Aínda recordó o día que chegou o exército a Vigo, fixéron un rexistro na nosa casa e unha serie de preguntas debido a que encontraron a un veciño encontra do réxime e busaban máis implicados, eu era só un neno e tiña medo, admítoo, pero cando encontraronlle ao meu pai unha serie de papeis encontra do réxime cargáronsello diante dos meus ollos, e foi daquela cando aparquei o medo e comezoume a absorver a impotencia.
Ós vinte anos desaparecín da miña terra para que non me pasase o mesmo có meu pai, xa que eu tiña e mantera as mesmas posturas ca el antes o réxime. Deixei toda a miña familia alí e non volvín nunca m,áis, non porque non quixera, se nón porque necesitaba gastarme os meus cartos en cousas fundamentales e o que non necesitaba mandársello a miña familia dende o exilio, aínda que traballando dende miles de quilómetros para que Galicia melorase e tivese todos os dereitos que se merece.
Alí quedouse a choiva dos momentos pasados, a humidade, a verde identificable de Cabeza de Manzaneda, os invernos fríos, a pesca, o cheiro da marea baixa, os barcos, os castaños e os reobles, os bailes, a gaita e a pandeireta, a ropa dos domingos, o polbo… Levo sesenta anos lonxe da miña terra, o único que observo parecido é o mar pola fiestra, a auga que mezclada coa de Cuba tamén é auga galega, porque o mar non entende de cores e non existen diferenzas como nos países, hoxe despois de sesenta anos retorno a miña terra, volvo ó pasado, volven os recordos.

Cartas a Murguía.


E estou aquí mirando cara o lume como vanse as cartas da miña amada, da única muller que amei de verdade en toda a miña vida, non só estou a quemar ás cartas que ela me mandou durante toda a nosa vida, se non que no lume vanse recordos, momentos vividos, tanto de tristeza como de alegría. Con esas cartas vaise o seu olor e todas esas sorrisos que vin na súa cara dende a conocín e que estes últimos anos foron desaparecendo, foron desaparecendo non sós, senón que se foron coa súa presenza. Nesas cartas vanse todos os perdóns e todas as discusións, mentres que eu ao mesmo tempo consúmome no lume con todo iso.
Aínda recordó aquel primeiro día que a vin, dende o primer instante souben que íamos pasar a nosa vida xuntos, compartíndoa. Era de noite e eu quedara como todos os venres nun restaurante da Gran Vía, para tomar un descanso despois das clases do meu último curso, alí a vin aparecer, era como un fotograma desas películas antigas e xusto nese momento todo o noso arredor detívose, aínda recordó  vestido azul que ela levaba e que parecía a súa propia pel xa que se movía ao seu compás. Esa mesma noite a coñecín, era a muller perfecta, a muller perfecta pra min.
Os días seguintes comezamos a vernos e a coñecernos, falábamos de todo, bueno, el amáis que a min, gustáballe iso de falar e aprender cousas novas todos os días, e preguntábao todo. A min gúsabame observala, era como se a felicidade a arrodease por onde pasase. Falábame moito da súa nai,pero doque nunca me falaab era dalgún amor pasado, ela dicíame que non tiña, que nunca estivo namorada, pero polos ollos que poñía eu non me creía moito. Ao cabo duns meses comexamos a saír e finalmente contraímos matrimonio. Casamos e os primeiros meses estivemos moi felices os dous ata que un día descubrín que enganábame.
Era mércores eeu saía a traballar á universidade, ela como todos os mércores quedabase a escribir na casa, pero ese día non se quedou. Atopábame no Retiro cando a vin de espaldas camiñando con presa, seguínna ata un hostal co corazón laténdome con forza, nese momento vin saír do hostal a Aurelio Aguirre, decidín non intervir e esperar na casa a que mo contase ela.
Á hora de cear ela mantiña a  mesma tranquilidade de sempre a pesar das miñas preguntas respecto as súas actividades dese mesmo día. Entón estoupei e solteille todo o que vira pola tarde. Ela quedouse cunha cara que nunca antes vira e reprochoume as miñas infiledidades antes de casarnos e saíu correndo. Alí foi cando me escribiú a primeira carta contándome todo o que non me contara cando nos coñecimos. Aínda de acometer os dous errores polas nosas partes sabíamos de forma segura que tiñamos que estar xuntos, que éramos o amor das nosas vidas e que ese mesmo amor nos iba manter ata a nosa norte. O que non podo dicir é que nacimos para estar xuntos, xa que Rosalía naceu con todas ás preocupacións que tiña a súa nai mentras ela estaba no seu ventre, Rosalía naceu nun modo que non lle pertenecía, nun mundo que non estaba feito para ela, o único que lle aportaba era sufrimento,sufrimento do que comezou a percatarse despois da morte da súa nai a que tanto quería e dun dos nosos fillos que morreu con apenas un ano de idade, este mundo non era o de Rosalía, non eran bos anos para os artistas, e ela era unha, unha moi especial.

martes, 20 de marzo de 2012

licia na Galicia das maravillas.

Hoxe fai un día espléndido, a miña irmá estame a contar outro conto dos seus, sen ninguna ilustración nin sequera,miro a Diana que parece estar aburida coma min…Cando a miña irmá remata, eu salgo a dar unha volta polo noso fermoso xardín, e pensando nos tempos que están a acontecer en Galicia e a nosa situación de represión tanto socialmente como culturalmente,eño unas ansias de liberdade que se me escapan polas orellas..de súpeto vexo o que é un coello branco que comeza a saltar e a falar consigo mesmo dicindo: chego tarde! Chego tarde! Chego tarde!.
Decido seguilo ata o que parece ser unha madriguera, e sen dubidalo un segundo adéntrome nese mundo..camiño agochada durante un tempo ata que comezo a caer…a medida que pasa o tempo vou dándome cinta de que non toco fondo, a miña caída vai ser dolorosa, xa que debo de estar a moita altura,polo tenpo que levo contado facendo as matematicas que me ensinaron debo de estar a mas de 1000metros de altura… e sego,e sego, e sego baixando… de súpeto me caigo contra o chan e non me fago ningún dano, cousa que me estrana debido a longa caída..
Vexo o coello branco correr cara unha habitación e sen máis desaparece e non consigo encontrar ninguna das portas que rodean a habitación,entón intento abrir todas as portas con unha chave ata que consejo encaixala nunha porta tan pequena que so poderia pasar un coello.. Comezo a pensar e vexo enriba da mesa unha botella na que pon: bébeme, sen pensármelo dúas veces comezo a beber (son máis de actuar e logo pensar), comezo a facerme pequeniña ata o punto de que entro pola buraco da porta pequeña.
Por fin son libre, atópome nun mundo igual que a miña Galicia só que ten algo diferente que non ten onde eu vivo.. mmmm… algunas cosas non cambian como que a xente fala múltiples idiomas entre eles: galego,inglés,alemán..incluso algúns non os coñezo!! Os animais falan e fan as mesmas tarefas que os homes, as casas son algo diferentes parece que se comunican a xente mentalmente con elas e fan todo o que lles piden. Me acerco un momento ao coello branco que atópase alí cerca e pregúntolle que ano é, el me di que estamos no ano 2050, non dou crédito ao que escoito,teño que encontrar alguna maneira de volver a casa, preguntolle ao coello se sabe de alguén que me ppoida axudar, e dinme que só podo acudir a ver a Meiga de Galicia o mundo das maravillas, e sen máis precavilación vou pol camino que me indica.
Despois de varias horas camiñando encóntrome cunha especie de León e de robot e pregúntolles se vou ven polo camino de pedro para a casa da Meiga, eles dinme que si, e que teñen que ir a visitala tamén que acompañaranme no camiño ata Santiago de Compostela.
O camiño é largo,eles cóntanme que queren volver a ser persoas normales,nin un animal nin un robot. Entón contanme todo o que cambiou Galicia dende a miñaépoca, dinme que todos os idiomas son igual de importante sen ninguna diferenza, que existen curas para todo tipo de enfermidades, que hay tratamentos para que os animais podan ser persoas xa que ensinan cousas moi diferentes aos humáns que antes non coñeceran por si mesmos, que en menos dunha hora podes chegar a China nun avión… eu quedábame coa borca aberta coma se todo fose subrealista. Había moitísima xente que que peregrinaba ata Santiago en busca de axuda da Meiga, cando chegamos había unha longa cola que ocupaba en forma de varias espirais a praza do obradoiro, tivemos que quedarnos alí a dormir.
Por fin é o gran día! Os meus amigos despídense de min e deséanme moita sorte,tamén pídenme que cando volva ao “pasado” saúde as súas familias. Unha vez dentro quédome asombrada polo tamaño e maxestuosidade da catedral, ao final dun corredor de en medio vexo a unha muller duns 80 anos,ela dinme que me acerque,vou correndo hacia ela e ao mirala máis de cerca vexo que me observa cunha sonrisa na cara e dinme:
-Por que tes tanta presa?
+Teño ganas de volver a miña casa coa miña familia e coa miña gata Diana que é unha preciosidade..
- Entón para retornar a casa terás me que responder a unha pregunta: que foi o que aprendices nesta viaxe?
+ Que todo pode mellorar nun futuro,que non hay que perder a esperanza de que todo vai ser para peor, que non hai que beber de botellas que nin sequera sabes que conteñen e non meterse na madriguera dun coello…
- Non é a resposta que me esperaba,pero me fai gracia, do que non te percataste é de que segues sendo pequeña e nin sequera che preocupa,é como se xa fose unha forma de vida, pero non te preocupes devolvereiche ao teu estado normal en canto volvas ao pasado..
Non recordó que máis me dixo, sei que cheguei de volta ao meu mundo coa alegría de que todas as inxustizas que estaban a pasar en Galicia algún día cambiarían e todo sería mellor, non pasou o tempo,cheguei a mesma hora que me marchei e o mesmo día, e sen dúbida alguna cumplín todas as promesas que lles fixen no futuro ao robot e ao león..tamén aprendín que un libro sen dibuxos pode ser incluso máis interesante que un que os teña, xa que lle echas moita máis imaxinación.

lunes, 19 de marzo de 2012

Sargadelos.

Hola chámome Antonio Raimundo Ibáñez Gastón de Isaba y Llano Valdés,nacín e crieime no seo dunha familia hidalga,dende moi pequeño xa obtiña as miñas ganacias realizando exportación e importacións coas Indias. Con todo o que gañei contruín en Ribadeo una fábrica de ferro,pero agora mesmo, o meu sono he una fábrica de cerámica, é máis está case rematada. Dentro de dúas semanas cando xa esté toda a maquinaria dentro xa poderemos empezar a producir. Darei traballo a xente da zona e onde espero ser uns dos principais modelos do capitalismo español. Pero non é só este o meu desexo, decidín facer aquí a fábrica porque a miña amada vive aquí, aínda que este casada eu seguirei aquí intentándoo.
Hoxe atopeime con ela, seguía co seu rostro de sempre apagado, quero devolverle a luz a súa mirada, a luz que ela se merece.. Propúnllele traballar na miña fábrica como secretaria,levar as contas,cousas fáciles e que así gañase certo diñeiro para mantera os seus fillos pequenos. Ela aceptou encantada, nunca rendireime por facela feliz.
Neste momento vou de camino a súa casa para explicarle toda a súa tarefa una vez que esté na fábrica, non sei como lle sentará ao seu marido que eu quede con ela a solas. Unha vez dentro explícolle todo e ela agradécemo, e de súpeto bótase a chorar, eu lle pido disculpas por se fixen o dixen algo mal,pero ela dinme que non é a miña culpa, que ela leva moitos anos sendo infeliz e vivindo cun marido infel e que incluso en ocasións cando volve bebido pégalle, e ao final de toda a súa confesión di que me quere…Eu non sei como reaccionar ante esto,de súpeto dígolle que deixe ao seu marido e que se veña a miña casa, que os nenos poden vir con nosco, pero ela non cree que sexa tan fácil, di que o seu marido matarame se pasa iso en canto teña a ocasión. Unha vez rematada a conversación,un claro e incómodo silenzo envólvenos, eu decido marchar e prometo non deixar as cousas así, prométolle que escaparemos xuntos de todo isto e que non iban a quedar asi as cousas.
Xa a pasado una semana dende que Marina declaroúseme, vímonos varias veces esta semana, e eu tiven tempo para pensar en moitas ocasións a maneira perfecta de matar ao seu maridosen deixar ningún rastro nin sequera, xa que era pescador podería matalo mentres estivese facendo seu oficio,asi na auga non quedaría ningún ratro de quen o matou, e este mércores farei o meu plan realidade… Marina teme por min,pero eu por ela estaría disposto a facer calquera cousa, xa que a miña vida só ten sentido con ela, entón non perdo nada intentándoo.
Xa é mércores, e levo unha hora esperando a que apareza no seu sitio habitual de pesca, alguén se acerca, será mellor que me esconda detrás da árbore. Alí está, cos seus andares de chulo de festa, agora só teño que agardar o momento opotuno e cando teña a oportunidade de que non haxa ninguén cerca afogareino. Han pasado corenta e cinco minutos dende que chegou e agora é a miña oportunidade,agora o nunca! Adéntrome a paso rápido pero sigiloso ao río,unha vez alí e máis fácil que me escoite,cando chego por detrás del cólloo por detrás do pescozo e…Unha vez en casa de Marina cóntolle todo e sécome, ela comeza a chorar sen saber ue decir, por fin somos libres de poder estar xuntos!  
A fábrica abre hoxe as súas portas e eu estou no meu despacho coa miña fututra esposa, entra un encargado e dime que hay unha carta para min, eu léola e o único que pon é : sei que ti o mataches, sei toda a verdade… A miña cara tórnase branca coma a neve e as miñas manos comezan a temblar..

miércoles, 15 de febrero de 2012

Vikingos


A primeira vez que os vikingos chegaron as nosas costas foi nada máis e nada menos cá Coruña, nada máis desembarcar enamoráronse dela xa que era moi parecida á terra da que eles proviñan, e a choiva non os botou cara atrás xa que estaban a costumados a este clima.
Unha vez en Galicia pretendían saquear todo para levarse grandes fortunas,pero o máis curioso de todo e que non querían levalas a súa terra no mar báltico, se non quedarse en Galicia e gobernala,tendo eles todo o poder e os galegos servíndolles.Neste primeiro período os galegos loitaron contra todas as súas forzas para que non se levasen nin ás riquezas nin ás mulleres e finalmente os galegos saíron vencedores e os vikingos volveron o norte,pero o que non sabían os galegos e que estes volverían.
Dez anos máis tarde doscentas flotas de vikingos volveron a Galicia e esta vez volvían preparados e xa se sabían o camiño.Os vikingos introducíanse de maneira extratéxica nás rías e saqueaban con todo, incluso collian  as mulleres e cautivos para nun futuro telos de serventes ou pedir un rescate. Nas igrexas rezábase sempre o "A furore normannorum, libera nos Domine..." 
Hoxe en día existen varias festas en Galicia dedicadas a esto,pero a máis destacable é a de “A Batalla en Decatoira:o dese,barco vikingo”, que foi declarada festa de interese turístico nacional.O número forte deste festexo é o “densembarco vikingo”que presenzan millares de persoas dende as torres de Catoira e dende o novo ponte sobre a ría que uno as pronvicias de Coruña e  Pontevdra.Sobre as doce do mediodía fau a súa aparicición sobre a ría de Arousa os vikingos,nun pesqueiro disfrazado con banderas,telas,escudos,armas de combate e una terrorífica cabeza de dragón na proa da embarcación ,na cuberta os bikingos danzan e gritan preparándose para o asalto. 

Meigas.

As meigas en Galicia teñen moita relevancia e é un dos símbolos máis significativos da nosa cultura, dende nenos todos escoitamos algunha historia de estos seres fantánticos e de como vagaban polos nosos montes practicando a actividade que mellor se lles daba, a de facer hechicería.
O concepto de meiga xordeu na Idade, as Meigas normalmente mulleres,pero tamén podían ser nenos ou homes,denominábanse así has persoas que facían un pacto co demo para serville ou asistirlle.Dicían que facían dano o¡por medios ocultos ás persoas,entrégase ao diabo para ser un supervivinte, é dicir, viven moito máis que as persoas normales.Tamén din que voan pola noite, matan a nenos recén nacidos e reunense con xente das súas mesmoas funcións en sitios desolados e salvaxes, sobre todo os bosques.Son membros dunha secta ou sociedade que se reunen cada certo período de tempo,chamadas sabbtas ou aquelarres, onde se parodia sistemáticamente á relixión cristiana e adórase ao diablo.As meigas vivían en aldeas ou sitios abandonados onde servían a xente do pobo coa súa maxia a cambio de recompensas, a maior parte da xente que acudía a elas era para queutilizasen os seus poderes para facer dano a outras persoas.
O diablo para as meigas era o seu Deus,cando se reunían todas arrodillábanse ante el e dicíanlle: Recoñecémosche como o noso señor,como o noso Deus e comoo noso creador.Os demos que pactan coas meigas non eran Satanás, se non demos importante, xa que existía unha xerarquía cos demos, máis importante era un demos canto máis adoradores teña.Este podía adoptar tanto a forma dun humán como a dun animal,pero distinguíanse polos seus pés hendidos.A nova meiga ten que renunciar a relixión cristiá e poñerse ao servivio de Satanás quen deixara a súa marca nela, sobre todo noparte esquerda do corpo.
Para protexerse destas tiñan varios métodos:
Levar no pescozo un colar de ramas de mórdago ou conchas.
Clavar sobre as portas das casa morcegos,herraduras de cabalos..
Ter en casa terra bendita dos ceminterios,sal,tesoiras abertas aos pés da cama,cordas de ahorcados.
Moitas persoas foron queimadas por ser culpadas de ser meigas e fcer diferentes clases de conxuros. A auga ardente e o azúcar son os ingredentes básicos da queimada,bebida que tómabase en reunións para aleixar aos malos espiritus e que todavía séguese a beber en moitas festas tradicionais galegas, como é o día de San Xoán que da comezo ao verán onde antes de saltar unha ilumiaria dise: "Santa iluminaria de San Xoán que non me trobe nin cobra nin can". Estas iluminarias fanse para aleixar as meigas. Tamén podemos observar a repercusion que tivo no oruxo Meigas Fora,que provén de todo isto anterior.

martes, 14 de febrero de 2012

O Códice Calixtino(Parte 2)

Unha vez no coche dirección Soria levábamos o códce nunha especie de caixa que tiña encma da base unha superficie que a tapaba por encima bastante gorda onde atopábase o manuscrito, e só nos sabíamos a maneira de abrilo, o resto da caiza ía chea de cousas para xustificar o peso de esta en caso de que nos parase a policía nun control de alcoholemia ou algo similar.
Ao pasar a fronteira entre Galicia e Castela e León paráronnos un gardas civís,Edu e máis eu aínda seguíamos cos nervios de habelo roubado e coas ganas de dárllelo ao señor que nos ordeou a tarefa de roubalo para así olvidarnos de todo o sucedido.Os policías rexistraron o coche pero non notaron nada raro e deixáronnos seguir. Estabamos sudando debid o medo que  pasamos por ser descubertos. Unha vez chegamos a Soria chamamos ao noso contacto para citarnos en un sitio e a certa hora,quedamos ás tres da mañá no Monasterio de San Xoán do Douro.Na pensión puxemos as noticias para ver se se habían percatado de que faltaba o códice,pero non habían ningún indicio de que se enterasen de algo,polo que decidimos descansar un rato.
Ás tres da mañá estabamos no sitio citado,estabamos nós sós, percatamos do ruído dun coche ás nosas costas e xirámonos de repente. No coche solo había unha persoa,pero non lle podíamos ver a cara xa que a levaba tapada.Baixouse do coche e observamos que era un home, o primeiro que nos dixo ao baixar e que quería as menos complicación posibles e que lle ensinásemos nos primeiro o manuscrito,nos fixemos tal e como el dicía,e a cambio pedímoslle que nos ensinase a recompensa, ambos tíñamos o prometido,pero nos pedímoslle que se quitase a mascara xa que se nos íamos descubertos el tamén tería que estalo,e se non o facía prenderíamos o códice. Sen máis dilación quitouse a máscara e Edu e máis eu quedámonos perplexos, era o noso profesor de Historia de Galicia!! Explicounos que o códice non era para el, que había un superior por encima del, que el solo encargábase de como planificar a tarefa para que todo saíse a perfección,e que non poderíamos delatar a sua identidade, xa que se nón nos poderían matar.Tamén contounos que el non só o fai pola recompensa, se non polo estudo do pasado de Galicia e do resto da península Ibérica.
Unha vez intercambiado o códice polo diñeiro volvimos a Galicia e cada un para a súa casa coa súa parte da recompensa.Boteime en cama para descansar un rato e ao cabo dunhas horas oín que petaban na porta e dicían:Policía abra!

lunes, 13 de febrero de 2012

O códice Calixtino (Parte 1)

Todavía recordo aquel día fai 10anos,estabamos Edu máis eu no instituto,era a clase de Historia de Galicia e o profesor plantexounos unha idea,a de robar o Códice Calixtino,naquel momento o tomamos por tolo,pero quen ía decirme que uns anos máis tarde ibas a ter ese códice nas miñas máns..O que ninguén sabe é por que o roubei, o mellor dito,porque Edu e máis eu o robamos..
Fai cousa dun mes chamoume un señor por teléfono(ou ao menos eso parecíame pola súa voz),eu non o coñecía de nada, ao contextar ao teléfono díxome que se era eu Mauel e sen máis dilación soltoume que ofrecíame 2000000 de euros por robar o códice calixtino pra el.Eu ao principio pensei que era unha broma,pero a medida que tivemos máis conversa observei que era un home serio e con todo planificado dende hai moiti,polo que deduje que era un persona fría xa que o tiña todo perfectamente pensado,case incluso contados os pasos que tiñamos que dar para coller ese códice..Eu o diñeiro o necesitaba e el necesitaba o códice,entón pensei: por que non intentalo ? Finalmente aceptei a proposta.
Ao cabo de dúas semanas recibín un correo onde poñía a hora a que tiña que robalo,por onde pasaban os gardas en cada momento,onde atopábase o manuscrito gardado,porque sitios tenía que pasar..Eran moitas cousas para unha soa persoa,polo que decidín que me axudasxe o meu mellor amigo Edu,cando lle contei todo o sucedido botouse cara atrás,pero cande lle dixen da recompensa que había e que lle daba a metade dos beneficios pensou e acabou aceptando,xa que vai ter un fillo dentro duns meses, e como pai quere o mellor para o seu fillo.
Fai dous día que fumos a Santiago, a verdade é que botaba de menos esta cidade, había pasado a metade da miña infancia alí e con ela os mellores momentos da miña vida,dábame pena facer o que iba a facer por respeto a cidade que tantas alegrías me deu cando era niño,pero tiñaoo que facer,se non non podría pagar a operación que necesitaba o meu pai e Edu non podría ofrecerlle moitas cousas á sua filla.
Esa mesma noite adentrámonos na catedral facendo todo tal como indicou o home daquela chamada,o máis dicifil foi coller as primeiras chaves que eran as que abrían otra caixa para coller as verdadeiras chaves do códice, e estas primeiras estaban vixiadas por dos gardas e o único momento para collelas era no cambio que facían estes.Unha vez conseguidas as chaves que habrían a caixa onde estaba gardado o códice o resto era como respirar,pero sempre coa precaución de non deixar ningunha pista ao descuberto.
Unha vez saímos da Catredal de Santiago collimos o coche en dirección Soria onde nos atoparíamos coa persoa que nos vai pagar e a cal quere o códice..

viernes, 6 de enero de 2012

Reino Suevo.

Chámome Diego,son suevo e estou a finais doséculo V.A miña familia provén do Río Ril,pero o meu pai viño para Gallaecia coa miña nai cando eu apenas chegaba ao ano de idade.Fixemos un foedus(pacto)  xunto con outros pobos ,para axudarnos uns con outros e con haxa confrontacións.O noso rei chámase Hermerico,o meu poboado esta asentado na Ría de Vigo. O meu pai é guerreiro, mentres que a miña nai dedícase aos traballos relacionados coa casa.
Os visigodos fixeron fai pouco un tratados cós romanos para atacar aos supuestamente pobos invasores,entre eles está o meu pobo e dous máis que son os Vándalo e os Alanos,pero o que non saben é que estamos perfectamente preparados e dotados de habilidades que eles nin sequera saben.
Nós somos Cristiáns como o noso rei e o que mellor se nos da é traballar co ouro dándolle distintas formas edistinto valos a cada peza que facemos,incluso temos a nosa propia moeda! A nosa propia moeda contén a inscripción: Galiciense Regnum.Somos un pobo que nos axudamos en calquer tarefa uns con outros,é dicir,existe moito compañerismo e sen dúbida non imos deixar que nadie estropee isto, e moito menos os romanos,estaremos preparados para cando eles ataquen. Vivimos en armonía e practicando o arte da loita.
Somos un pobo importante xa que somos o primeiro pobo despois dos Romanos en ocupar Gallaecia,que chega ata O Porto,Santander e Mérida. Buscamos terras fértilespara poder traballar mellor e por iso escollimos estas, xa que fai un clima estable e temos todos o que precisamos na natureza para traballar.
Cando crezca quero ser como o meu pai un home forte,traballador e guerreiro defensor do seu pobo e da súa familia..