Esta paisaxe é moi diferente e o clima claro esta non é o
mesmo cao de Galicia, fai moita máis calor, estou en Cuba. Non nacín aquí, ata
os vinte anos estiven en Galicia, pero tiven que desaparecer do mapa por así
dicilo, xa que non se me permitia ser a persoa que eu son, se non que defender
o que eu creía era un delito.
Non podíamos expresarnos no idioma que quixésemos, a única
lingua que podíamos empregar era o castelán, todo estaba impantado polo
castelán o único lugar onde podíamos falar en galego era nas nosas casas, e
incluso nelas moi baixiño orque se se decataba alguén oderíalo utilizar na nosa
contra. Aínda recordó o día que chegou o exército a Vigo, fixéron un rexistro
na nosa casa e unha serie de preguntas debido a que encontraron a un veciño encontra
do réxime e busaban máis implicados, eu era só un neno e tiña medo, admítoo,
pero cando encontraronlle ao meu pai unha serie de papeis encontra do réxime
cargáronsello diante dos meus ollos, e foi daquela cando aparquei o medo e
comezoume a absorver a impotencia.
Ós vinte anos desaparecín da miña terra para que non me pasase
o mesmo có meu pai, xa que eu tiña e mantera as mesmas posturas ca el antes o
réxime. Deixei toda a miña familia alí e non volvín nunca m,áis, non porque non
quixera, se nón porque necesitaba gastarme os meus cartos en cousas
fundamentales e o que non necesitaba mandársello a miña familia dende o exilio,
aínda que traballando dende miles de quilómetros para que Galicia melorase e
tivese todos os dereitos que se merece.
Alí quedouse a choiva dos momentos pasados, a humidade, a
verde identificable de Cabeza de Manzaneda, os invernos fríos, a pesca, o
cheiro da marea baixa, os barcos, os castaños e os reobles, os bailes, a gaita
e a pandeireta, a ropa dos domingos, o polbo… Levo sesenta anos lonxe da miña
terra, o único que observo parecido é o mar pola fiestra, a auga que mezclada
coa de Cuba tamén é auga galega, porque o mar non entende de cores e non
existen diferenzas como nos países, hoxe despois de sesenta anos retorno a miña
terra, volvo ó pasado, volven os recordos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario