domingo, 20 de mayo de 2012

Galicia is different.


Artistas.


Son artísta e quero viaxar polo mundo.
Dende fai uns anos comezamos o século XX e fumos tomando máis información sobre o noso arredor, é dicir, sobre os países cercanos e as súas formas vanguardistas. O outro día atopeime cun alemán, era cantante, e veu co seu grupo de xira, contoume de todo sobre o resto de Europa,  sabiades que as mulleres en París agora levan pantalóns?
O día seguinte quedei con el para ensinarle os meus bocetos e dibuxos, compreume uns cantos, encantáronlle, foi a primeira persoa que fixo que creese en min. A partir de ahí foi cando máis comprometido estiven coa pintura, sempre levaba encima un folio e un lapis, para debuxar o que sexa no momento que sexa, era a única forma de plasmar o que sintía e de relaxarme, en definitiva, a única forma de escapar dos problemas. Montei un negocio no baixo da miña casa, pouco a pouco comezou a vir xente poderosa, pero sempre me acordarei daquel vello.
Aquel vello entrou cun semblante pasivo, recolleu varias veces a miña galería, non dicía nada, pero pasábase moito tempo observando cada unha das obras. Os seguintes días comezou a vir, sempre sen dicir nada, observando as obres mentras xiraba a cabeza como intenta encontrarle algún sentido. Eu mentras observábao a el, gustábame ver as súas caras,cada unha diferente e como mordíase o labio inferior e cerraba os ollos para logo abrilos con máis forzas, logo non o volvín a ver ata que pasou un mes.
Despois dese mes aparece una miña porta, e falou, dinme conta de que me falaba a min e non se parou a mirar os cadros esta vez.
Propúxome viaxar con el galerías, que el movíase nese undo, e que eu valía bastante, que era para o que había nacido. Non o pensei dúas veces, e agora mesmo estou nun tren viaxando cara Alemaña, en busca, da miña felicidade.

Comics.


Son o xefe da revista Galega Alegría, como xa sabedes últimamente dedicámoslle unha sección de comics a nosa revista, co fin de que a xente se senta identífica coa realidade que estamos a vivir as clases medias dende hay varios anos.
Onte morreu o noso máximo escritor de comics, Gurugo, o cal escribiu sobre todo contra as inxustizas por parte da igrexa.
Apareceu a policía esta mañá no meu despacho, e entón  sentín que algo malo había pasado, e xa preguntaron inmediatamente cando foi a última vez que o vin. Apareceu morto cun cigarro no solo, non hai indicios de forza polo seu corpo, pero no cigarro que estaba no chan atoparon que tiña veneno, agora só había que atrapar o culpábel. Comezaron a buscar porla redacción, pero eu sabía que o asesino non estaba onde eles crían, asi que fun a buscar máis ala…
O primeiro sitio o que fun foi a igrexa da parroquia, na cal estaba o párroco que eu sabía que tiña algo encontra de Gurugo, xa que este tíñao ameazado de norte, pero non conseguín sacarlle ningunha pista. Volvín a recoller algún comics que deixara preparados Gurugo na súa casa, pero non estaba eu só, había alguén maís na súa habitación, podía sentir a súa respiración detrás de mi, lenta, pero mesmo tempo nerviosa, como querendo que non o descubrise. Entóm, de súpeto, xireime pero levaba unha máscara, e no mesmo acto desmalleime.
Atopabame nun sótano, no que apenas había un fío de luz a través dunha ventá, e onde desperteime debido a uns ruídos. Pouco a pouco puiden afacerme a oscuridade e percateime do que estaba a acontecer no meu espazo, a persoa que me raptou estaba flaxelándose!
Veu que estaba despertó e xirpuse cunha sonrisa na cara, eu non sabía que dicir, o recoñecía perfectamente, era o sobriño de Gurugo!
Acercouse e díxose co seu soriso que me asustaba tanto: esperábascho? -Eu non sabía que contestar, e el seguiu co seu discurso- Pois fun eu, e ti vas tomar o mesmo camino co meu tío, por que o fixen? Pois esta claro, Deus é poderoso, os er máis poderoso, e eu só fago o que el me ordea, porque si podo falar con el…
Despois dun rato dicíndome todas ás razón, matoume.

lunes, 23 de abril de 2012

Teatro, a miña vida.


Eu son actor, peorro un deses que manifestase dentro do esceario, reivindicando todo o que creo que é inxusto nestes tempos.
O teatro libre non esta permitido, e moita xente non pode pagar ir  a ver unha  obra de teatro, por iso vamos polas ciudades e vilas. Eu non necesito fama, só ver a xente feliz, vivo diso, das sonrisas que bota a xente cando nos ve actuar, esa é a máxima felicidade para min, que non recorden os seus problemas por instantes.
Facemos obras satírico-burlescas da situación pola que esta pasando a nosa tera, e facémolo no noso idioma, mentres que facemos obras teatrais para nenos cunha serie de fábulas. Somos unha serie de profesionais que nin sequera nos recoñecen como tales porque vamos encontra das ideoloxía castelán, como se só houbese unha! Critícannos por facer algo que nos gusta e porque teñen medo das cousas diferentes. Pero nos non nos rindereos endexamáis, seguiremos facendo o que nos gusta e co que disfrutamos, recorrendo a poder ser toda a nos aterra, e ensinando tódolos puntos de vista que existen de ver o mundo, e o fermoso que é velo dende os ollos de cada un, xa que non nos decatamos de que hai moitas cousas das que nin sequera sabemos e que cando as descobremos é como se descobrésemos un mundo diferente, no que todo o que cremos e posible, porque só fai falta crer un pouca máis e poderase cumplir todo co que soñamos. Cada un ten un punto de vista diferente da vida e todos temos que respetalo, porque non sabemos ata que punto podemos sorprendernos de boa maneira, da forma de pensar dos demáis, cada vez que súbome o esceario aprendo algo novo e a sensación de vacío éncheseme por dentro, e como cando saes a correr unha hora e a volta a casa senteste como máis vivo por dentro, e esa sensación pero todavía mellor, e eu nunca vou deixar de facer o que realmente quero, porque sería ir encontra dos meus principios.
É coma se a través dos meus personaxes describese ou mellor dito, espresase todo o que levo dentro e quero sacar, e sen saber como o saco e o público aplaudeme, e como se por fin te sentises aferrado a algo, a algo polo que loitar, como se perteneceses a unha familia, a miñana familia, o teatro.

domingo, 22 de abril de 2012

Dende Cuba


Esta paisaxe é moi diferente e o clima claro esta non é o mesmo cao de Galicia, fai moita máis calor, estou en Cuba. Non nacín aquí, ata os vinte anos estiven en Galicia, pero tiven que desaparecer do mapa por así dicilo, xa que non se me permitia ser a persoa que eu son, se non que defender o que eu creía era un delito.
Non podíamos expresarnos no idioma que quixésemos, a única lingua que podíamos empregar era o castelán, todo estaba impantado polo castelán o único lugar onde podíamos falar en galego era nas nosas casas, e incluso nelas moi baixiño orque se se decataba alguén oderíalo utilizar na nosa contra. Aínda recordó o día que chegou o exército a Vigo, fixéron un rexistro na nosa casa e unha serie de preguntas debido a que encontraron a un veciño encontra do réxime e busaban máis implicados, eu era só un neno e tiña medo, admítoo, pero cando encontraronlle ao meu pai unha serie de papeis encontra do réxime cargáronsello diante dos meus ollos, e foi daquela cando aparquei o medo e comezoume a absorver a impotencia.
Ós vinte anos desaparecín da miña terra para que non me pasase o mesmo có meu pai, xa que eu tiña e mantera as mesmas posturas ca el antes o réxime. Deixei toda a miña familia alí e non volvín nunca m,áis, non porque non quixera, se nón porque necesitaba gastarme os meus cartos en cousas fundamentales e o que non necesitaba mandársello a miña familia dende o exilio, aínda que traballando dende miles de quilómetros para que Galicia melorase e tivese todos os dereitos que se merece.
Alí quedouse a choiva dos momentos pasados, a humidade, a verde identificable de Cabeza de Manzaneda, os invernos fríos, a pesca, o cheiro da marea baixa, os barcos, os castaños e os reobles, os bailes, a gaita e a pandeireta, a ropa dos domingos, o polbo… Levo sesenta anos lonxe da miña terra, o único que observo parecido é o mar pola fiestra, a auga que mezclada coa de Cuba tamén é auga galega, porque o mar non entende de cores e non existen diferenzas como nos países, hoxe despois de sesenta anos retorno a miña terra, volvo ó pasado, volven os recordos.

Cartas a Murguía.


E estou aquí mirando cara o lume como vanse as cartas da miña amada, da única muller que amei de verdade en toda a miña vida, non só estou a quemar ás cartas que ela me mandou durante toda a nosa vida, se non que no lume vanse recordos, momentos vividos, tanto de tristeza como de alegría. Con esas cartas vaise o seu olor e todas esas sorrisos que vin na súa cara dende a conocín e que estes últimos anos foron desaparecendo, foron desaparecendo non sós, senón que se foron coa súa presenza. Nesas cartas vanse todos os perdóns e todas as discusións, mentres que eu ao mesmo tempo consúmome no lume con todo iso.
Aínda recordó aquel primeiro día que a vin, dende o primer instante souben que íamos pasar a nosa vida xuntos, compartíndoa. Era de noite e eu quedara como todos os venres nun restaurante da Gran Vía, para tomar un descanso despois das clases do meu último curso, alí a vin aparecer, era como un fotograma desas películas antigas e xusto nese momento todo o noso arredor detívose, aínda recordó  vestido azul que ela levaba e que parecía a súa propia pel xa que se movía ao seu compás. Esa mesma noite a coñecín, era a muller perfecta, a muller perfecta pra min.
Os días seguintes comezamos a vernos e a coñecernos, falábamos de todo, bueno, el amáis que a min, gustáballe iso de falar e aprender cousas novas todos os días, e preguntábao todo. A min gúsabame observala, era como se a felicidade a arrodease por onde pasase. Falábame moito da súa nai,pero doque nunca me falaab era dalgún amor pasado, ela dicíame que non tiña, que nunca estivo namorada, pero polos ollos que poñía eu non me creía moito. Ao cabo duns meses comexamos a saír e finalmente contraímos matrimonio. Casamos e os primeiros meses estivemos moi felices os dous ata que un día descubrín que enganábame.
Era mércores eeu saía a traballar á universidade, ela como todos os mércores quedabase a escribir na casa, pero ese día non se quedou. Atopábame no Retiro cando a vin de espaldas camiñando con presa, seguínna ata un hostal co corazón laténdome con forza, nese momento vin saír do hostal a Aurelio Aguirre, decidín non intervir e esperar na casa a que mo contase ela.
Á hora de cear ela mantiña a  mesma tranquilidade de sempre a pesar das miñas preguntas respecto as súas actividades dese mesmo día. Entón estoupei e solteille todo o que vira pola tarde. Ela quedouse cunha cara que nunca antes vira e reprochoume as miñas infiledidades antes de casarnos e saíu correndo. Alí foi cando me escribiú a primeira carta contándome todo o que non me contara cando nos coñecimos. Aínda de acometer os dous errores polas nosas partes sabíamos de forma segura que tiñamos que estar xuntos, que éramos o amor das nosas vidas e que ese mesmo amor nos iba manter ata a nosa norte. O que non podo dicir é que nacimos para estar xuntos, xa que Rosalía naceu con todas ás preocupacións que tiña a súa nai mentras ela estaba no seu ventre, Rosalía naceu nun modo que non lle pertenecía, nun mundo que non estaba feito para ela, o único que lle aportaba era sufrimento,sufrimento do que comezou a percatarse despois da morte da súa nai a que tanto quería e dun dos nosos fillos que morreu con apenas un ano de idade, este mundo non era o de Rosalía, non eran bos anos para os artistas, e ela era unha, unha moi especial.

martes, 20 de marzo de 2012

licia na Galicia das maravillas.

Hoxe fai un día espléndido, a miña irmá estame a contar outro conto dos seus, sen ninguna ilustración nin sequera,miro a Diana que parece estar aburida coma min…Cando a miña irmá remata, eu salgo a dar unha volta polo noso fermoso xardín, e pensando nos tempos que están a acontecer en Galicia e a nosa situación de represión tanto socialmente como culturalmente,eño unas ansias de liberdade que se me escapan polas orellas..de súpeto vexo o que é un coello branco que comeza a saltar e a falar consigo mesmo dicindo: chego tarde! Chego tarde! Chego tarde!.
Decido seguilo ata o que parece ser unha madriguera, e sen dubidalo un segundo adéntrome nese mundo..camiño agochada durante un tempo ata que comezo a caer…a medida que pasa o tempo vou dándome cinta de que non toco fondo, a miña caída vai ser dolorosa, xa que debo de estar a moita altura,polo tenpo que levo contado facendo as matematicas que me ensinaron debo de estar a mas de 1000metros de altura… e sego,e sego, e sego baixando… de súpeto me caigo contra o chan e non me fago ningún dano, cousa que me estrana debido a longa caída..
Vexo o coello branco correr cara unha habitación e sen máis desaparece e non consigo encontrar ninguna das portas que rodean a habitación,entón intento abrir todas as portas con unha chave ata que consejo encaixala nunha porta tan pequena que so poderia pasar un coello.. Comezo a pensar e vexo enriba da mesa unha botella na que pon: bébeme, sen pensármelo dúas veces comezo a beber (son máis de actuar e logo pensar), comezo a facerme pequeniña ata o punto de que entro pola buraco da porta pequeña.
Por fin son libre, atópome nun mundo igual que a miña Galicia só que ten algo diferente que non ten onde eu vivo.. mmmm… algunas cosas non cambian como que a xente fala múltiples idiomas entre eles: galego,inglés,alemán..incluso algúns non os coñezo!! Os animais falan e fan as mesmas tarefas que os homes, as casas son algo diferentes parece que se comunican a xente mentalmente con elas e fan todo o que lles piden. Me acerco un momento ao coello branco que atópase alí cerca e pregúntolle que ano é, el me di que estamos no ano 2050, non dou crédito ao que escoito,teño que encontrar alguna maneira de volver a casa, preguntolle ao coello se sabe de alguén que me ppoida axudar, e dinme que só podo acudir a ver a Meiga de Galicia o mundo das maravillas, e sen máis precavilación vou pol camino que me indica.
Despois de varias horas camiñando encóntrome cunha especie de León e de robot e pregúntolles se vou ven polo camino de pedro para a casa da Meiga, eles dinme que si, e que teñen que ir a visitala tamén que acompañaranme no camiño ata Santiago de Compostela.
O camiño é largo,eles cóntanme que queren volver a ser persoas normales,nin un animal nin un robot. Entón contanme todo o que cambiou Galicia dende a miñaépoca, dinme que todos os idiomas son igual de importante sen ninguna diferenza, que existen curas para todo tipo de enfermidades, que hay tratamentos para que os animais podan ser persoas xa que ensinan cousas moi diferentes aos humáns que antes non coñeceran por si mesmos, que en menos dunha hora podes chegar a China nun avión… eu quedábame coa borca aberta coma se todo fose subrealista. Había moitísima xente que que peregrinaba ata Santiago en busca de axuda da Meiga, cando chegamos había unha longa cola que ocupaba en forma de varias espirais a praza do obradoiro, tivemos que quedarnos alí a dormir.
Por fin é o gran día! Os meus amigos despídense de min e deséanme moita sorte,tamén pídenme que cando volva ao “pasado” saúde as súas familias. Unha vez dentro quédome asombrada polo tamaño e maxestuosidade da catedral, ao final dun corredor de en medio vexo a unha muller duns 80 anos,ela dinme que me acerque,vou correndo hacia ela e ao mirala máis de cerca vexo que me observa cunha sonrisa na cara e dinme:
-Por que tes tanta presa?
+Teño ganas de volver a miña casa coa miña familia e coa miña gata Diana que é unha preciosidade..
- Entón para retornar a casa terás me que responder a unha pregunta: que foi o que aprendices nesta viaxe?
+ Que todo pode mellorar nun futuro,que non hay que perder a esperanza de que todo vai ser para peor, que non hai que beber de botellas que nin sequera sabes que conteñen e non meterse na madriguera dun coello…
- Non é a resposta que me esperaba,pero me fai gracia, do que non te percataste é de que segues sendo pequeña e nin sequera che preocupa,é como se xa fose unha forma de vida, pero non te preocupes devolvereiche ao teu estado normal en canto volvas ao pasado..
Non recordó que máis me dixo, sei que cheguei de volta ao meu mundo coa alegría de que todas as inxustizas que estaban a pasar en Galicia algún día cambiarían e todo sería mellor, non pasou o tempo,cheguei a mesma hora que me marchei e o mesmo día, e sen dúbida alguna cumplín todas as promesas que lles fixen no futuro ao robot e ao león..tamén aprendín que un libro sen dibuxos pode ser incluso máis interesante que un que os teña, xa que lle echas moita máis imaxinación.